REFLEXIÓN MODULO I
MERCADO DE TRABALLO
Oferta de traballo = poboación activa
= ocupados + parados
Catro factores fundamentais: - Demográficos
- Sociais e culturais
- Fluxos de entradas e saidas de emprego
Demanda de traballo: cantidade de traballadores que as empresas ou empregadores están dispostas a contratar. Salario moi alto: pouca contratación. Salario moi baixo: mais contratacións.
A función de demanda de traballo ten pendente negativa respecto ao salario, sen embargo a oferta de traballo ten pendente positiva respecto ao salario. O equilibrio do mercado e o punto do cruce da oferta e a demanda.
A escola clásica e a Keynesiana, discrepan sobre a situación actual do mercado.
Para a escola clásica o mercado de traballo está sempre en situación de pleno emprego, mentres que a Keynesiana dice que non está de acordo co esa teoría, senón que sempre pode existir paro.
Escola clásica: a causa do paro é a rixidez dos salarios, fundamentalmente.
Escola Keynesiana: a causa do paro é a insuficiente demanda agregada da economía.
Efectos do paro:
- Persoas paradas: económicos e psicológicos.
- Persoas ocupadas: parte do seu traballo non lles é remunerado: seguro de desemprego.
- Economía no seu conxunto:perda de capacidade produtiva, máis pobreza e desigualdade, escasa demanda interna e ráchase a economía do benestar.
Os indicadores do mercado de traballo son: taxa de actividade, taxa de paro e taxa de emprego
Hai catro tipos de paro: estrutural, friccional, cíclico e estacional.
A prospección do mercado de traballo achega unha información na procura de solucións e na definición das políticas activas de emprego, permitindo de este xeito un maior coñecemento do mercado de traballo.
A intermediación laboral do orientador co orientado e as empresas
- A intermediación laboral: relación directa entre os demandantes e os empregadores.
- Ter en conta: os principios de confidencialidad, non discriminación e transparencia da información.
- Conseguir: axuste entre as ofertas recibidas e os perfis profesionais dos candidatos.
- Fomentar á calidade do emprego.
Obxetivos
- Interrelacionar e mediar.
- Participación das persoas desempregadas.

Pautas
Os desempregados terán que ter un compromiso de búsqueda activa de emprego. Realizaranse talleres grupais de orientación e búsqueda de emprego. Cómo enfrentarse a unha entrevista de traballo, cal é a sua disposición cara a un traballo, as condicións laborais que se lles ofertan, as diferentes ocupacións que lles interesan....
Nesta reflexión, creo que ten que quedar ben claro cal é o papel do orientador en relación hacia a persoa orientada, e obter a mellor empregabilidade e relación do empregado coas empresas empregadoras. Saber cal é a mellor demanda e que se adapte ao perfil da persoa desempregada, cales son as suas espectativas, intereses, cualidades....
Para ampliar coñecementos consultar:
http://www.xunta.es/traballo-e-benestar
DOG sobre a prospeccción do mercado de traballo: http://bit.ly/1fRGWRd
SEPE. www.sepe.es
SPEG: www.speg.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario