miércoles, 8 de julio de 2015

REFLEXIÓNS SOBRE O MÓDULO I


          
REFLEXIONES Ó MÓDULO I: MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL



          Como Profesionais que estamos a desenvolver unha tarefa no ámbito da Orientación Laboral, sexa directa ou indirectamente, pois hai moito que cambiar no mundo da Orientación...



          No primeiro bloque deste Curso Ponte, vimos o que constitúe o Marco Conceptual da Orientación Laboral, analizando o Mercado Laboral, vendo a Iniciativa emprendedora como forma de acceso ó Mercado Laboral e a actualización do marco de referencia da Orientación Laboral.

          - ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE  DO MERCADO LABORAL: Analizando o Mercado Laboral actual, a interacción da Oferta e a Demanda de Traballo, que marcan tanto o salario como o nivel de emprego, podemos ver cómo se pode atalar o problema do desemprego, sexa do tipo que sexa: friccional, estrutural, cíclico ou estacional, a través das Políticas de Emprego, levadas a cabo polas Institucións Públicas a instancias das Institucións Europeas.O noso Mercado de Traballo estaba obsoleto.

          -A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO Ó MERCADO LABORAL: Nestes momentos tamén existen Políticas ou Plans que contan có apoio das Institucións Comunitarias, polas que se está a fomentar a iniciativa emprendedora, xa que en España hay poucos emprendedores, e fai falta xente con novos proxectos que rexeneren o tecido productivo e creen novos empregos e de calidade.É un traballo duro, posto que non hai cultura de emprendemento: prefirimos ser empregados que empregadores... En Galicia, o apoio ó emprendedor conta con un Organismo Institucional: o IGAPE http://www.igape.es/gl/
         As axudas para fomentar a iniciativa emprendedora, como motor da actividade económica, reflictirán na prosperidade pois o efecto da iniciativa emprendedora é potencial sobre o emprego. Mediante a formación en materias de creación de empresas estanse a impartir Accións Formativas a desempregados con madeira de emprendedor para formalos no mundo da Empresa, aproveitando o seu potencial e formación de anos de experiencia como empregados por conta allea.     
      Nos mesmo vimos a través do Lenzo CANVAS cómo se desenvolve un Modelo de Plan de Empresa...     

     




          - ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL: A Orientación Laboral vive un Novo Marco de Referencia, pois a forma de enfrentarse á situación do Mercado de Traballo require un novo enfoque. As Políticas de Emprego evolucionan cara unha nova forma de actuación: o tipo de desemprego que estamos a sufrir, as novas carreiras profesionais, que esixen mais cualificación co fin de ser mais competitivas, e por consecuencia mais resistentes ás vicisitudes que poidan xurdir...          O concepto de desempregado evoluciona...O concepto de "Búsqueda Activa de emprego", hase de incorporar ó noso comportamento, fomentarase desde as Oficinas de Emprego co fin de conseguir un Mercado de Traballo mais resistente e cualificado, mais competitivo no mundo que estamos a vivir...O orientador ten que desenvolver unha actividade de "reseteo" nos que acuden pedindo asesoramento, pois os cambios que estamos a sufrir no noso Mercado de Traballo son enormes, en todolos sentidos: hay que cambiar unha cultura de traballo, e temos que ter unha preparación o mais amplia posible. 

* PARA SABER MÁIS...
          Estudando o Marco Conceptual da Orientación Laboral, situámonos dentro dos puntos de referencia da Orientación Laboral, os seus piares, posto que para facer unha análise da mesma, e traballar neste campo, é preciso ter unha visión global dos seus puntos clave na actualidade. 
          Fan falta emprendedores que, basándose na sua experiencia e, con axuda formativa e administrativa adicional, rexeneren o noso tecido productivo e creen emprego e de calidade.
          A Orientación Laboral como disciplina cambia co propio mercado laboral, polo que se está continuamente actualizando, para adaptarse ás necesidades do mercado.
          Como cuestión imprescindible, a MOTIVACIÓN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario