Tarefa individual: Módulo 1: Marco Conceptual
A tarefa do orientador laboral no mercado de traballo é complicada neste momento, ten que tratar de atopar a relación entre a oferta e a demanda. Hai dúas escolas de pensamento económico, que son discrepantes.
- Clásica : mercado de traballo en pleno emprego
- Keynesianos: pode existir paro.
A EPA é o indicador do mercado de traballo. O mercado de traballo actual e moi dinámico e cambiante, hai que coñecer as ocupacións que ofertan traballo e os novos xacementos de emprego; para poder elaborar uns perfís profesionais adecuados ao mercado laboral e mellorar a empregabilidade.
.
Existen dúas liñas principais para a busca de emprego: por conta allea (na empresa privada ou pública) ou por conta propia.
É importante coñecer cómo funciona a empresa pública (tipos de empregados que hai, sistema de acceso,...). Como acceder a ofertas privadas.
É importante coñecer cómo funciona a empresa pública (tipos de empregados que hai, sistema de acceso,...). Como acceder a ofertas privadas.
Aqui entra o labor do orientador laboral, asesorando no emprego de novas tecnoloxías, nunha procura mais rápida, eficaz e dinámica.
Tema 2: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral
Debemos cambiar o noso modelo productivo baseado na construcción e o turismo, pero esto é un proceso a longo prazo. Hai que invertir en educación.
Hai que fomentar a cultura emprendedora, incentivar a creación de novas empresas.
As empresas de Economía Social priorizan a persoa frente ao capital.
Para por en marcha un proxecto de negocio hai que reflexionar sobre:
- a idea: é importante detectar oportunidades e ser innovador e someter a idea a unha valoración sobre o producto, a estratexia e o mercado
- a persoa emprendedora: debería ter competencias e habilidades en xestión empresarial, orientado cara á xente, entusiasta e con motivación.
- o plan de empresa: onde se plasman as reflexións realizadas para converter a idea nun proxecto ( Modelo Canvas).
Resultoume moi interesante o Modelo Canvas. No meu traballo como AEDL e orientadora laboral o fomento do autoemprego é unha labor fundamental, tanto a nivel individual como formando cooperativas.
Tema 3: Actualización do marco de referencia da orientación laboral.
O orientador debe elaborar itinerarios que melloren a empregabilidade, tanto con accións individuais como grupais.
No mercado de traballo interven numerosos axentes, a coordinación entre eles : SPEE, SPEG, que pon en marcha políticas:
- activas: conxunto de programas e medidas de orientación, emprego e formación, que ten como obxectivo mellorar as posibilidades de acceso ao emprego das persoas desempregadas.
- pasivas: teñen como obxectivo principal a protección por desemprego.
Tratase de favorecer a contratación estable, dar estímulos á contratación. Por en marcha plans que axuden ao aumento da empregabilidade, como a Garantia Xuvenil, tratando de incorporar aos xoves ao mercado laboral.
Hai que encaixar ben as politicas de emprego que corresponden ao estado e as comunidades autónomas, para atender ben as persoas que se atopan en situación de desemprego.
Valoración
Despois de anos como orientadora laboral, a miña nova ocupación como axente de desenvolvemento local, dame un novo enfoque da orientación.
Este módulo pon de manifesto a dificultade do orientador laboral neste momento. Hai continuos cambios, tense que adaptar moi rápido e atopar novas liñas de BAE.
Coñecer o mercado laboral e os seus xacementos de emprego, para iso ten que coñecer moi ben a zona na que traballa.
Valorar se a persoa que atende, é unha persoa emprendedora, informala e animala no proxecto, fomentar o autoemprego como saída laboral.
Levar a cabo proxectos de desenvolvemento local, como formación de cooperativas.
Para saber mais:
- Para mais información do mercado laboral e as ocupacións:
- Para buscar información do plan de empresa e o proxecto de negocio , pódese consultar:
- Para saber mais das politicas de emprego:
No hay comentarios:
Publicar un comentario